Seguidores e seguidoras

lunes, 1 de enero de 2018

Ría de Ferrol, 1 de Xaneiro de 2018

   Hoxe tiven unhas horiñas libres a meiodía, así que aproveitei para dar unha volta pola ría de Ferrol, onde soprava forte vento do Oeste e chovía de maneira intermitente.

 Ría de Ferrol desde San Valentín, Fene

   En breve comenzan os censos de acuáticas invernantes en toda Europa. Como sabedes abandonei a SGHN e, por tanto, a actividade cesadora. Coñecendo a miña experiencia na materia houbo dúas persoas que me preguntaron se estaría interesado en censar para a Xunta pero nestes momentos resúltame imposíbel por falta de tempo, así que nin o considerei. Porén espero aportar desde aquí algunhas cifras completas das breves saídas que poda realizar e que servirán para facermos unha valoración da tempada invernante 2017-2018.  Ademáis hai colegas censadores da SGHN, do G.N. Habitat ou particulares que seguen este blogue e seguramente os censos parciais que vaia publicando seranlles de utilidade coma referencias orientativas nas localidades que controlo regularmente.
 


    A pesar do mal estado do mar, da marea tan alta e do forte vento puiden contar o seguinte:
- 23++ Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Co mar batido e con vento resulta extremadamente complexo cubrir esta especie. Ademáis este ano están moi repartidos en grupiños pequenos. Por agora non identifiquei ningún auritus.
- 1 Garza branca (Egretta alba) no Seixo
- 343 Alavancos (Anas platyrhynchos) en Neda. Non me deu tempo a controlar O Baño e A Malata pero non había ningún en Barallobre, Maniños e O Seixo. Quizá polo temporal e os ventos fortísimos que tivemos estes días por aquí; cando iso ocorre pode haber moito movimento de aves. Lembro que logo do famoso "Klaus" - con ventos de ata 199 km/h! - os Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) desapareceran da ría como se os tragase a terra.
- 6 Asubiadores (Anas penelope) en Neda, coma sempre
- 1 Frisado (Anas strepera). De todas formas é posible que algún alavanco fose outra cousa, dadas as condicións adversas que había.
- 10+ Píllaras reais (Charadrius hiaticula) en San Valentín,coma sempre
- 83 + Pilros comúns (Calidris alpina) na ponte das Pías
- 16 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) en Neda. En San Valentín estaba o grupiño clásico descansando entre as choronas, moi difíceis de diferenciar cando están así. Non as molestei para velas mellor pero supoño que estarían as 20 do outro día. Ademáis un xuvenil na Malata (Ferrol). Total estimado: 37 melanocephalus.




   Como noticiable, comentar que desde hai uns días as choronas xa están a mudar a plumaxe de inverno pola máis chamativa de Primavera. As aves non entenden moito de calendario.

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus) en plumaxe nupcial.

  Pois esta foivos a primeira entrada deste novo ano 2018.

4 comentarios:

  1. Esos censos(datos)da Xunta pagados cos cartos de tod@s pódense mirar nalgún sitio?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sobre iso falouse, e moito, en Galiciaves. Penso que desde o ano pasado están disponíbeis nalgún lugar da páxina web da Xunta. A verdade é que case nin me importa. Se Galiza fose un país serio, normal, as cousas funcionarían doutra maneira. Para empezar non habería dous ou tres censos diferentes para cada localidade, senón que os farían os mellores expertos en cada unha delas. E serían publicitados oportunamente nos diversos foros ou publicación ornitolóxicas existentes.
      Que eu saiba, a día de hoxe os únicos censos galegos que son publicados con certa regularidade (e con moito retraso tamén) son os da SGHN, realizados polos seus socios. Dos que pagamos todos, como ben dis, nin idea.

      Eliminar
  2. Una buena salida del primer día del año ,feliz año

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar