Seguidores e seguidoras

miércoles, 20 de septiembre de 2017

Forcadas e Ría de Ferrol

    O domingo pasado estiven no encoro das Forcadas. Decidín practicar a toma de panorámicas sobre trípode, un terreo especialmente complicado coas bridge polo escaso rango dinámico que posúen pero moi importante á hora de transmitir as paisaxes coa maior realidade.


   Como digo todas as fotos foron tiradas sobre trípode, con autodisparo e a velocidades moi lentas debido á falta de luz. Descubrín que Lightroom dispón de ferramentas estupendas como a posibilidade de atenuar a "claridade", reducindo así ese desagradábel efecto dixital (ou de "acuarela") que ofrecen os sensores pequenos.


  O encoro amosa nestas alturas un baixo nível hídrico, con importantes lameiras nas colas do pantano, aínda que a persistencia de ventos de N e NW empobreceron moito o paso de limícolas.


  Respecto das observacións salientar 1 Bilurico bastardo (Tringa glareola), moi serodio, e 6 Biluricos alinegros (Tringa ochropus). Non lembro unha sedimentación migratoria tan prolongada destas especies se exceptuamos a invernada confirmada de ochropus o inverno pasado.


  Esta mañá collín parte da mañá libre e dei unha volta pola Ría de Ferrol. Ás oito e media da mañá aínda non daba o sol en San Valentín (Galiza debería ter a hora de Portugal).


  Quizá por iso collín un grupiño de 3 garzas boieiras que pasaron a noite nesta pequena praia artificial e que axiña marcharon coas primeiras raiolas de sol. Nos últimos anos a boieira é un ardeido común durante o inverno na Mariña luguesa; en Ferrol aínda é moi escasa pero xa podemos considerala como anual.

 Garzas boieiras (Bubulcus ibis)

    Na praia de San Valentín había láridos e algunhas lmícolas comúns, destacando 20 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus), unha con anela metálica, e 1 Pilro groso (Calidris canutus).

 Gaivota escura (Larus fuscus)

 Pilro groso (Calidris canutus)

Pilro común (Calidris alpina) JPEG editado con Lightroom
Sony RX10 (focal 220 mm)  ISO: 80  V: 1/320   F: 4,5
(Foto MOI recurtada)

   Dicíame Xan Silvar que a partir de agora preguntareime como puiden vivir antes sen o Lightroom. Cánta razón ten o mestre!

9 comentarios:

  1. Qué crack eres ya me lo decían y cada pots me lo de muestras más, un saludo y un gran pots, me as dejado con ganad

    ResponderEliminar
  2. Teño un amigo que controla moito de fotografía e é un "fanático" do Lightroom. Estiven un día véndoo con él, e a verdade é que me gostou moito. Ten boas ferramentas de edición, pero no que é máis potente é á hora de xestionar os arquivos. É preciso ser metódico e rigoroso á hora de descargar as fotos, pero logo a navegación para buscar a que queremos é moi doada.
    Moi chulas as fotos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois fíxate ti que precisamente pola maneira que teño de traballar os arquivos Fran recomendoume o Photoshop. Lamentablemente non puidemos instalalo (problemas coa "bibilioteca de Windows) e por iso quedei co Lightroom, que vai de cine tamén.

      Eliminar
  3. Parez que há entrada de garças-boieiras na Galiza: comentaba Fer Pereiras de 13 aves em Sorna (Mugia), Ramsés Pérez 9 em Louro (Muros) e Xabi V. Pumariño 4 na ria do Burgo (Culheredo). Curiosamente, no NOG só há um registo recente subido do 10 de agosto em Cospeito. Abraço! Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bem, eu se nom subo citas é por falta de tempo. Em quanto tenha folgos farei-no.

      Eliminar
  4. Respuestas
    1. É un acertixo, David? (peguei iso no buscador e non busca nada)
      Lembra que eu proveño do paleolítico inferior en asuntos internáuticos.

      Eliminar
  5. Estou leendo o dilema de Spallanzani e hai un párrafo que di sobre Galicia"vivimos en el país de los eufemismos".Onde algún quere ver simbiose entre algunhas plataformas eu soamentes vexo parasitismo,ego e loitas de poder.En fin...
    PD.RRSS=redes sociais

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Polo menos aínda non nos arrincamos os ollos, como lle facía Spallanzani aos pobres morcegos (todo pola ciencia)...

      Eliminar