Seguidores e seguidoras

domingo, 20 de agosto de 2017

Lagoa de Valdoviño, 20-Agosto-2017

   Esta mañá visitaba a lagoa e sistema dunar da Frouxeira con José Ramón Castro. A canle segue aberta así pois é unha cuestión meteorolóxica que sedimenten as limícolas. Por agora levamos días con N/NE mais en canto vire a SW comezará o bon. O máis salientábel hoxe foi:

- 12 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 28 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
- 1 Biluricos claro (Tringa nebularia)
- 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 51 Pilros comúns (Calidris alpina)


   A primeira hora as limícolas permitiron que nos achegásemos dabondo, aínda que a luz era mala.

 Mazaricos rabinegros en vóo

Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
Sony RX10 (focal 220 mm)  ISO: 200   V: 1/800  F: 5  (JPEG)

    As xunqueiras do NW son un ponto quente para certos paseriformes migratórios. Había cando menos unha folosa "tipo raiada" (Acrocephalus schoenobaenus/paludicola) e un Papoazul (Luscinia svecica). Tamén atopamos un Azor xoven que mesmo tentou cazar unha Garza real, sen moito éxito. José Ramón estaba despistado e perdeuse a escea pero a cambio logrou fotografalo cando marchaba.

 Azor (Accipiter gentilis) juvenil-  Foto: José Ramón Castro Gómez
Sony RX10 (focal 220 mm)   ISO: 400   V: 1/1250  F: 5,6 

    Case non achamos libeliñas no sistema dunar, completamente seco. Un Lestes barbarus e este Sympetrum para o que solicito "a axuda do comodín":


   Vexo rasgos de Fonscolombii aínda que non ten azul nos ollos. Tamén observo caracteres típicos de meridionale. Sanguineum non pode ser polas patas parcialmente marelas e Striolatum tampouco mo parece (ademáis non lembro vela nunca por alí).

 Sympetrum sp

 Son datas estupendas para visitar tanto a Frouxeira como o encoro das Forcadas. Alí tomei a foto coa nos despedimos por hoxe. Sen dúbida unha das especies emblemáticas deste humidal e que se pode observar con facilidade nestas alturas do verán.

Biluricos bastardos (Tringa glareola)

 Grazas a todos e todas por seguir aí neste sexto aniversario de "Bichos e demáis familia".

7 comentarios:

  1. Felicidades por lo aniversario,y otra vez desde luego agradezco los conocimientos que me vas dando tanto,del mundo de las aves como de fotografía,mucha gracias

    ResponderEliminar
  2. Noraboa Xabi polos seis anos!!
    O bicho que mandas é complicado, aínda que me inclinaría máis por Sympetrum meridionale moi vello. Así e todo, sen completa seguridade.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
  3. Seis años de los que nos tenemos que felicitar tus seguidores, que mucho hemos aprendido de fotografía, de bichos, de los más importantes espacios de la comarca ferrolana y también de como ser tolerantes con demás (menos con os cans de peluquería y manicura). En estos 6 años, si hubiera que resumirte, se podría decir así: Xabi Prieto, un ejemplo a seguir. Y si hubiera que matizar pues quedaría así, "un ejempl de humanidad a seguir. Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  4. Noraboa pola constancia, o tempo e a dedicación. Un pracer seguir por aquí, aprendendo e desfrutando.

    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Grazas a todos e a todas. Josele: é unha honra que sexas fiel seguidor deste blogue. E ademáis é outra honra que me consideres unha persoa tolerante (sabendo que no político estamos nas antípodas). Reflicte que sabes entender as miñas palabras máis aló do tópico e da leitura superficial. Dame moita pena que outros que teóricamente están máis próximos ás miñas ideas abandonasen esta páxina hai moito tempo. Quizá sexa un problema de comprensión lectora moi común na xente de hoxe.
    Un abrazo mestre.

    ResponderEliminar
  6. Parabéns! E que venham muitos mais!!!! Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar