Seguidores e seguidoras

viernes, 14 de abril de 2017

Lagoa de Valdoviño, visita de control e Plegadis falcinellus

  Esta mañá pasei por Valdoviño para ver como estaba a lagoa da Frouxeira, que segue aberta ao mar e baleira. Desgrazadamente os ventos de compoente sur levaron as poucas limícolas que había estes días e non había demasiada activiade no intermareal. Únicamente un Mazarico negro resultaba de interese ornitolóxico.


  Especie rarísima non hai moitos anos agora converteuse en un migrante e divagante frecuente en moitos humidais galegos e mesmo en agras e leiras de interior (moitos compañeiros de traballo que viven no rural ferrolán xa coñecen a este ibis).

 Mazarico negro (Plegadis falcinellus)

   Salientar a primeira rolada de patiños.

 Parella de lavancos (Anas platyrhynchos) con rolada

  As Folosas dos carrizos levan días cantando desde o canaval. Coa Sony RX 10 a captura de paseriformes entre a vexetación mesta é máis doada que con outras cámaras bridge, aínda que esta folosa estaba especialmente fuxidía.

 Folosa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus)

    Cómpre esperar a que muden os ventos para que comece a sedimentación de migrantes que, como norma, se concentran especialmente entre a última semana de Abril e a terceira de Maio.



2 comentarios:

  1. Que bonitos os mazaricos negros.
    As limícolas haberá que agardar a que muden as condicións un pouco, polo que parece. Eu ando por Ribadeo estes días e tampouco hai moita cousa
    Apertas Xabi.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A partir de mañá xa verás como entran cousas. Sobre todo en Rinlo.
      Apertas Quique.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos