Seguidores e seguidoras

domingo, 18 de diciembre de 2016

Mellorando a técnica fotográfica

   A lagoa da Frouxeira segue chea, as praias seguen infectadas pola peste canina, as acuáticas invernantes na ría non acaban de chegar, hoxe era día de caza nos montes e aínda por riba apenas dispoño de dúas ou tres horas "hábiles" para bichear (entre as nove e as doce). Nestas condicións pois o mellor é adicarse a practicar as leccións recebidas de Fran.

  Hoxe estiven a probar cousas como as texturas en gamas tonais extremas: o negro dun Merlo e o branco puro da Garza branca. Ao merlo afoteino en condicións de sombra e a garza con sol intenso.


     Agora teño unha versión máis actualizada do DPP (o software de Canon que permite editar os arquivos JPEG). Descobrín que podes modificar as diferentes canles de cor, así que provei a baixar os verdes, que me parecían demasiado rechamantes na seguinte imaxe e distraían a vista do obxecto principal. É a primeira vez que emprego esta ferramenta das "canles de cor".


   Lamentablemente o F: 4 resulta insuficiente para desenfocar o fondo en tomas como éstas.

 Merlo común (Turdus merula)
Sony RX10 (focal 220 mm)   ISO 800    V:1/200   F:4 

   Tamén estou a practicar os conceitos básicos sobre composición. Estar tan verde nunha disciplina é moi bonito porque cada día aprendes cousas novas a base do sistema de ensaio/erro. Aquí centrei o foco na Garza grande, deixando a Garzota e a parte do peirao máis próximo algo desenfocados porque me pareceu que así conseguía maior sensación de profundidade (correxan os expertos se procede).


      

    A foto anterior mostra un elemento molesto no encuadre que se quitou durante a edición. De paso o lector e a lectora poden apreciar a posibilidade de recurte que ten un sensor de polgada. A Garzota común colaborou co fotógrafo para dar maior textura á plumaxe. Boa xente.  Con unha luz tan forte puiden baixar á máxima sensibilidade (ISO 64) e escoller mellor os outros parámetros.

 Garzota (Egretta garzetta, esda.) e Garza branca (Egretta alba, drta.)
Sony RX10 (focal 220 mm)  ISO 64   V: 1/800   F: 5,6

    E por último unha toma de acción, bastante lonxana.

Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos) en vóo

  Ben, cómpre distraerse como se pode, pero a ver se chegan esas mobellas e eses mergos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos