Seguidores e seguidoras

sábado, 22 de octubre de 2016

Unhas fotos coa Fuji

  Non teño moito material novo pois apenas podo dar breves paseos pola zona sen máis óptica que a cámara. Esta mañá deixei a Canon e collín a Fuji.


  Por desgraza cheguei á praia de San Valentín xusto no momento en que dous cans levantaban todo o mogollón de gaivotas e limícolas que repousaban durante a preamar (si, o lugar ése onde existe un cartaz do concello de Fene que pon "Proibido animais" e ten a silueta dun can). O pior é que me quedei sen identificar un bando dunhas vinte limícolas grandes, que posiblemente fosen Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Cambiemos de tema que me envinagro...

   Pouco a pouco algunhas gaivotas foron voltando á praia.


      Aínda que a maioría ficaban nos tellados da factoría de Navantia ou pousadas na ría.


   As patimarelas xa remataron a muda e amosan unha plumaxe nova e moi elegante

Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Fuji HS50 (focal 185 mm, +0,7 paso)  ISO 320  V: 1/250   F: 5,6


  Qué pena que a Fuji non consiga o grao de detalle e calidade de imaxe da Canon (imbatible no sector), porque noutros aspectos ofrece un manexo moito mellor. A velocidade e precisión de enfoque son do mellor na categoría e manexar o zoom manual resulta unha gozada.
   De todos os xeitos, debo ter unha maldición xitana que sempre que saco a Fuji o tempo se pon feo de todo e case nunca logro tomas con boa iluminación.


     Por medo a subir a snsibilidade quedei en valores medios e puxen unha velocidade escasa para afotar un ave tan inqueda coma este bilurico e con esta focal (equivalente a 1000 mm reales). Como resultado deste erro meu as tres imaxes do bilurico mostran trepidación, ou mo parece a min vaia.


Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
Fuji HS 50 (Focal 185 mm)  ISO: 400  V: 1/320  F: 5,6

  E hai que ter en conta que as Fuji (toda a serie HS) subexpón bastante por defecto, polo que cómpre subir os parámetros ata sobreexpor a toma (a +0,3 ou +0,7) . Daquela quedan bastante mellor. Co bilurico anterior non podía pero con esta pica si puiden subir a luz e se nota.

Pica dos prados (Anthus pratensis)
Fuji HS50 (focal 185 mm +0,3 paso)  ISO: 800  V: 1/160  F: 5,6

 Había que actualizar un pouco o blogue e isto é o único que teño por agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos