Seguidores e seguidoras

sábado, 20 de febrero de 2016

As "patis" (Larus michahellis) tomando posicións

   Pois é ben certo que a final debe ún conformarse co que ten. E se algo temos aquí é unha Natureza en constante mudanza. O que antes considerábamos unha especie salvaxe e cunha poboación normal pasou logo a considerarse unha praga para finalmente autoequilibrarse. Falo da Gaivota patimarela (Larus michahellis), unha ave que cada vez vexo con máis simpatía. E isto está dito por un ferrolán, cidade onde temos unha poboación urbana elevadísima desta especie.
   Pero esta poboación é a mesma que foi abandonando as illas e illotes de cría, segundo me contan os ornitólogos que entenden disto. Agora as nosas gaivotas emigran a lugares onde a vida sexa máis doada, onde teñan maior facilidade para instalar os seus niños e onde haxa maior disponibilidade de alimento. Abandonan "o rural" para vir á cidade, tal como la vida misma.

 "As de Sanchez Calviño"

   Debemos deixar de considerar a gaivota patimarela como unha especie mariña para vela mellor como un ave eminentemente urbana? Eu desde logo xa coñezo a maioría das parellas que cada ano aniñan polo barrio. E, como é común no rural galego, podemos chamalas ao estilo tradicional.

 "As de enfrente"

   Desde Xaneiro, a maior parte delas botan moito tempo xunto ao emprazamento do niño. E comezan a verse arrumacos e carantoñas entre os membros da parella.


   Aínda queda moito para iniciar a cría, pero nótase a inminente chegada da Primavera, a estación máis marabillosa das catro.

  E despídome cun pequeno xogo. Desde a miña casa podo divisar o lugar de cría de diferentes especies de aves urbanas:
Falcón común (Falco peregrinus)
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Cirrio común (Apus apus)
Cirrio pálido (Apus pallidus)
Lavandeira branca (Motacilla alba)
Colirrubio (Phoenicuros ochruros)
Pega (Pica pica)
Pardal común (Passer domesticus)
 A ver quén acerta cada especie co número do emprazamento. NOTA: todas son localizacións reais agás tres delas (4, 7 e 8), que non cabían na imaxe a pesar do grande angular, polo que marquei emprazamentos semellantes aos orixinais. E o punto 3 é un chisco máis abaixo, polo mesmo motivo, pero vale para ver o hábitat...


  O que acerte levará un xamón pata negra vegano ;)

2 comentarios:

  1. Olá Xabi

    É como dizes, as gaivotas são deveras muito mal vistas, principalmente nas cidades, pelo que sujam e pelo ruído nesta altura do ano ;)
    Mas se vermos para além disso vemos o que contas na tua entrada!

    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Efetivamente Inocêncio....Eu mesmo diria que a gente tem-lhes ódio nalguns lugares onde ocupam massivamente telhados de edificaçoes.
      Apertas-

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos