Seguidores e seguidoras

sábado, 29 de agosto de 2015

Gaivinas negras (Chlidonias niger) en Forcadas

   O paso está a por-se máis interesante cada semana; moito máis logo do paso dunha borrasca que trouxo o tempo tan chuvioso que tivemos toda esta semana.
    Hoxe no encoro das Forcadas observaba entre outras cousas:

- 3 Cerecetas comúns (Anas crecca). Primeira chegada rexistada

Cercetas (Anas crecca)

- 1 Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
- 3 Becacinas ou como se denominan tamén, máis correctamente, Narcexas (Gallinago gallinago)
- 3-4 Biluricos alinegros (Tringa ochropus)
- 1 Bilurico bastardo (Tringa glareola). Ignoro se son os mesmos de días atrás.
- 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)

Bilurico bastardo (Tringa glareola)

- 1 Azor (Accipiter gentilis) xuvenil de patrulla polo pantano

Azor (Accipiter gentilis)

  A observación máis interesante foi a dun grupo de 4 Gaivinas pretas (Chlidonias niger) que voaban pola zona de Loiravella-Vilaboa.

 Nikon P900 (focal 1800 mm)  ISO 400   V: 1/400   F: 6,3

   Levaba a Nikon P900, un maquinón perfecto para captar obxectos estáticos a grande distancia ou con pouca luz mais pouco axeitada para aves en voo. De feito, penso que é a bridge que pior enfoca nestas circunstancias de todas as que probei (e foron unhas cantas). Pero finalmente non quedaron mal de todo.



   Cando hai un fondo sen referencias o mellor é empregar o enfoque manual. A P900 ten un cómodo botón no lateral do obxectivo que resulta moi práctico. Case todas as fotos foron tiradas así e están moi recurtadas, pois as aves estaban a 50-100 m. ou máis aínda.


       Logo metéronse na cola final do pantano, onde a existencia de numerosos ramallos e restos arbóreos permitíume usar o Autofocus. O mellor nestes casos é enfocar un tronco ou unha pola cercana á ave, encuadrar ésta e disparar.
   O malo foi que tiven que usar velocidades algo lentas e ISO un pouco alto, tendo en conta que había que recurtar muito.


   Vai un exemplo para que vexades o recurte que tiven que facer (100 m. son moitos metros do noso señor ata para unha bridge gorda):


 Nikon P900 (focal 1600 mm)  ISO 800   V:1/1000  F:6,3
(Encima imaxe orixinal sen recurte)

 Gaivina preta (Chlidonias niger), xuvenil
Nikon P900 (focal 2000 mm)  ISO 400   V: 1/250   F: 6,5

  Nalgunha ocasión achegáronse algo e puiden baixar zoom e subir velocidade.

Nikon P900 (Focal 1200 mm)  ISO 200   V: 1/1000  F: 6,3

   Durante a sesión fotográfica apareceu este Caranguexo vermello (Procambarus clarkii), moi desafiante:


    Normalmente son incapaz de matar calquer animal pero neste caso fixen unha excepción, por motivos obvios. Polo menos intentei que fose rápido.

 E mañá máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos