Seguidores e seguidoras

domingo, 21 de diciembre de 2014

Preparando o censo en Ortigueira

   Os censos de Xaneiro están á volta dun mes. Este ano vou colaborar centrándome nas rías de Ferrol e Ortigueira, onde xa hai que ir mirando cómo está a cousa para que cando cheguen as datas válidas saibas xá qué buscar e cómo censar; vamos, que toca preparar os "precensos", como lles chamo eu.

 Anátidas frente a vila de Ortigueira

     Esta mañá o día amencía con néboas e moita nubosidade. Éste foi o motivo polo que decidín "abortar misión" cando estaba empezando a facer censos completos. Por agora podo facelo, pero cando cheguen as datas oficiais, haberá que contar estea como estea o tempo.
 
      Cada ano hai cambios. Lembro algún inverno no que o Mera baixaba con moita auga e sedimentos, e no que grandes bandos de Asubiador (Anas penelope) escolleron precisamente a enseada de Mera para repousar. O ano pasado sen embargo a zona preferida foron as canles centrais da ría, na zona de Senra-San Claudio-Ortigueira, especialmente durante o período da baixamar. E este ano parece que vai ser igual.
    Un total de 970 Asubiadores concentrábanse hoxe nas canles centrais. Contaba tamén un grupiño de 72 Cercetas (Anas crecca) e 41 Culleretes (Anas clypeata) xa en Ortigueira. Calculo que uns 300-400+ Alavancos (Anas platyrhynchos) estarían hoxe por alí, así como os 224 Rabilongos (Anas acuta), censados con precisión hai quince días.

  Tomei un par de fotos de grupos pequenos de anátidas, pois a néboa e a distancia impedían a fotografía na zona onde estaba todo o mogollón.

 Grupiño de Cercetas (Anas crecca)

    Cada especie ten a súa favorita de aliemntación e descanso. Os Rabilongos (Anas acuta) son a especie máis fiel a estes lugares. Con baixamar están todos na "Curva", un meandro que fai a canle central na parte sur do estuario:

 Grupos de Rabilongos (Ana acuta) e anas spp na marxe esquerda da "Curva"

   Precisamente alí estaban hoxe os 2 Gansos cabecinegros (Branta bernicla) que levan uns días por aquí. Poño unha foto testemuñal.

Gansos cabecinegros (Branta bernicla), no centro da imaxe

    No porto, onde me xuntei coa tropa do "Grupo Ornitolóxico Calidris" (Álvaro e cia), un Pentumeiro (Melanitta nigra) foise achegando ao peirao mentras se zampaba unha morea de Caranguexos comúns (Carcinus maenas)


    Xa me parecera o outro día un macho xoven, polo culmen amarelo (a parte superior do peteiro), e hoxe confirmeino. O tío pégase cada atracón de crustáceos que nin se entera dos fotógrafos.

Pentumeiro común (Melanitta nigra) macho 1º inverno

    Unha Mobella grande (Gavia immer) nadaba tamén pola zona do porto.

Mobella grande (Gavia immer)

    Puxémonos a falar e apenas controlei nada máis que 10 Cullereiros (Platalea leucorodia), 6 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa) e 3 Mergos cristados (Mergus serrator), que puiden afotar.


Mergos cristados (Mergus serrator)

  Ben, pois xa está. Se todo vai ben e o tempo o permite a próxima entrada corresponderá xa á excursión de Nadal. Aínda non está fixado o destino, pero aló nos veremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos