Seguidores e seguidoras

domingo, 9 de noviembre de 2014

Paisagens da Terra Chá

 NOTA CULTURAL: Hace treinta años se produjo en nuestro país un crimen cultural sin precedentes y, lamentablemente, irreversible. Al contrario que los catalanes, nosotros perdimos la forma gráfica tradicional de nuestra lengua. Por motivos que no voy a comentar ahora (ya no tienen vuelta atrás) se prefirió una normativa aberrante que utilizaba la ortografía española para escribir nuestro idioma, y acabó constituyendo la norma legal que se instauró para el nacimiento del gallego oficial. La criatura que así nació fué, pues, un mutante, un híbrido mezcla de ambos, un "castrapo", como se denomina en gallego. Uno de los motivos que se adujeron para esta elección entre las dos normativas que había fué que así sería más fácil su implantación, pero vista la evolución tan negativa entre la población, que apenas lo usa (otro día hablamos de las estadísticas tan cachondas que tenemos), pues resulta que fracasó.

   Ahora es muy difícil que se pueda volver a reconsiderar la opinión de muchos filólogos defensores en su momento del gallego reintegracionista (también llamado galego-português), pues la gente se ha adaptado a ese "gallego" oficial y al original lo consideran poco menos que algo inventado, cuando es más bien al revés. Además, luego la política se metió por el medio, algo que acabó por identificar el reintegracionismo con el independentismo, otra barbaridad sólo posible en un país patatero como Galiza. Pero ya os he dicho que yo no soy gallego. Dios me aparte!!

POST:

Por vezes, adoito ir à comarca luguessa da Terra Chá quando o prognóstico meteorológico assim o aconselha. Hoje de manhá tomava essa decissom, logo de ver que nas primeiras horas a chúvia havia ser persistente na costa, mas escassa polo interior.

  Sem mais palavras, deixo-vos com umha série de fotografias de paisagens chairegos para que podades sentir o seu silêncio, a sua tranquilidade..... e a sua humidade tamém!


 Corços (Capreolus capreolus) em campo aberto

  A Terra Chá vém a ser para nós algo semelhante à meseta castelhana. O seu clima nom é tan continentalizado desde logo, mas possúe umhas características geográficas e faunísticas que, para a gente da costa, resultam moi atraíntes.

 Mainçal logo da recolhida

  As fotos estám tiradas coa reflex e o Tamron 70-300, empregando a  focal mínima de 70 mm. Já sei que nom é umha grande angular, pero é que nom tinha ganas de cambiar o obxectivo.



 Gaivotas escuras (Larus fuscus




  Com estas imagens despido-me até a próxima entrada.

9 comentarios:

  1. Boas,

    a semana pasada tocoume dar unha volta pasando por Monterroso, Palas, a saida de Lugo e Guntin. A praga esta crecendo a pasos axigantados, dentro e fora da parcelaria. Xa veremos canto duran as paisaxes de carballos e bidueiros.

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois aínda hai quen defende iso da Galiza verde, do Outono bonito e demáis. Na miña opinión habería que aplicar o Corán de maneira severa e proibir o consumo de álcol (á cervexa que non ma toquen)

      Como lle dicía a Inocêncio, os nosos post son moi enganosos. Logo dunha saída polo campo, e se fósemos máquinas que nos limitásemos a rexistrar imaxes automáticas da excursión, a maioría das fotos que publicaríamos deberían ser fotos horrorosas, ateigadas de cables de alta tensión, "canibalismo urbanístico", eucaliptos en veigas fluviais, restos incendiários ou especies invasoras. Pero os naturalistas, no fondo, somos uns artistas do photoshop.

      Unha aperta, César.

      Eliminar
  2. Igual non se me entendeu moito (ás veces sonvos un pouco sarcástico demáis). O que quero dicir é que cada vez que fas unha fotografía en Galiza, debes ter moito coidado de que non aparezan todos esos elementos estranos e frecuentes no encuadre.
    Eu apenas coñecín como era a nosa paisaxe hai trinta ou corenta anos (recordo a terra Chá libre de Eucaliptos, por exemplo). Pero vin fotos antigas de moito antes, de áreas litorais como Pontedeume ou Viveiro. E cando ves como están agora os nosos campos e os nosos montes dan ganas de chorar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola a todos:

      Se te entiende a la perfección, Xabi. Por otro lado, ya hay máquinas que registran imágenes automáticas: Google Street View.

      A todo aquel amante de la Naturaleza que no haya visitado Galicia y que todavía se crea la zarandaja del paraíso mágico y verde, le propongo el siguiente ejercicio:

      1. Métase en Google Earth y elija 15 o 20 puntos uniformemente distribuidos a lo largo y ancho del territorio gallego.

      2. A continuación, busque la carretera más cercana al punto elegido y póngase en modo Google Street View.

      3. Contémplese el "paraíso".

      Un saludo,

      Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

      Eliminar
  3. Alégrome moito de que aparentemente na Terra Chá se vexan corzos sáns.
    Xa sabes que estamos en plena invasión de un novo parásito chamado Cephenemya stimulator e houbo perdas terribles durante o vrao.
    De feito limitamos bastante as capturas e este ano non se cazarán femias, salvo en puntos moi concretos.
    E todo gracias a alghún mamón de Asturias ó que como non podía comprar corzos en Spain para un parque público (cercón) pois soamente se lle ocurreu traelos de la France sen garantías sanitarias.
    Polo que se sabe de zona infestadas con anterioridade a poboación se estabiliza de novo como moito en tres anos, pero vaia gracia que nos está a facer este asunto.
    Hoxe, por sorte inda vimos un bó número deles ó longo do día, pero hai que actuar có principio de precaución e baixar a presión cinexética.
    Así que o dito, non sabes o que me aleghra ver que na Terra Chá, as cousas se están normalizando.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que parecen ter bon aspecto. Aproveitando que temos un experto, unha pregunta: ¿son dous machos xovens, non? (eu unha vez que perden a cornamenta xa me lío un pouco)

      Eliminar
  4. Bufff. Con esa resolución de foto non é doado.
    En principio o desenvolvemento da corna é: Pivote con pelo no 1º ano de vida, sin roseta. E a partir de aí no 2º ano un pivote único e xa escorreado. E no 3º en animais excepcionais incluso xa poderían estar formadas as tres puntas e incluso con amplio desenvolvemento, a diferencia é o diámetro das rosetas, que iso sio que ven dado pola idade.
    Neste tempo có velvet en pleno desenvolvemento é a peor época para decidir a idade dun corzo, porque as rosetas caen có trofeo, se ben os exemplares do ano polo tamaño son doadamente identificables(son case a metade du adulto)
    Se che sighe a picar a curiosidade, envíame unha ampliación de cada unha das dúas cabezas e vemos que se pode inferir de aí ...

    ResponderEliminar
  5. Para que logo digan que non pasa nada por mover especies dun lado a outro sen control sanitario. Non aprendemos..

    ResponderEliminar
  6. Eloi: as fotos son nesta ocasión bastante cutres e non valen para identificar. A próxima vez tentarei fixarme niso das pontas.
    César: Cangrexo vermello, Cortaderia, Carpobrotus, Gambusia,Black-bass, Visón, Cotorra arxentina, Astrilda, Eucalipto, Vespa asiática, Ranavirus, Cephenemya, etc.... Qué tocará este ano? Hagan sus apuestas, señores. (Igual hai sorte e vén algo que polo menos extermine "a peste")
    Dani: Prefiro non mirar esa aplicación de Google. Deixei de ver cine de terror hai moitos anos ;)

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos