Seguidores e seguidoras

viernes, 20 de junio de 2014

Galego no comercio galego, toma rareza!!!

  Se falamos de rarezas, non a hai maior rareza que ver a un comercio (sexa pequeno, mediano ou grande) que empregue o noso idioma. Claro, por isto de levar algunha subvención da Xunta, hai quen pega catro cartaces mínimos con dúas palabras en galego no escaparate. E a imprensa máis importante do país, chegado o día das letras (17-Maio) bota a casa pola ventá e publica a primeira plana nas palabras de Castelao e Carvalho Calero. La pela es la pela.

 Pero dentro de toda esta anomalía linguística (que moitos consideran "normal") hai unha empresa, de capital basco curiosamente, que resultan ser os únicos que realmente utilizan o idioma propio do territorio.


 Coñecendo o comportamento ao respecto doutras entidades bascas (coma o banco no que teño a nómina) non me sorprende. Algúns estamos pola defensa do idioma proprio de Galiza, aínda sendo bilíngües (tranquilos, UPyD e demáis merda unionista, que o español non ten máis ameaza que ser mal escrito debido ao whatsapp e ás redes sociais). Así que penso que procede facer un chisco de publicidade do grupo Eroski.


 Ademáis, moitos dos produtos ofrecidos en certas gamas de calidade (Natur, Seleqtia) son moi, pero que moi bós (estes bascos teñen un paadal fino de carallo).
  Polo tanto animo desde aqui a facer as compras nas súas tendas.

 E si, estou facendo publicidade!! Porque o merecen, qué coño...

2 comentarios:

  1. Si. A publicidade impresa ven en galego pero cando un autóctono ten que escribir algo con rotulador é habitual que o faga en castelán. Hai que foderse. O basco imprime o cartel en galego e ven o galego e escribe en castelán. Merdáns colonizados!!!
    Martiño

    ResponderEliminar
  2. É o que temos, Martiño. Pero eu xa deixei de botarlle a culpa a "outros" desde hai anos. Discrepo totalmente da visión que teñen os independentistas. Cando un pobo non quere viver no seu idioma porque simplemente non quere, pouco hai que dicir. Aínda que nos doa. E as eleicións (a pesar da lei de Hont esa e do que sexa) reflicten ben o sentir xeral. Un partido españolista como o PP non arrasa eleición tras eleición de casualidade.
    Galiza é o que é; non o que outros quixéramos que fose. Acepetei este feito a medida que fun madurando políticamente.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos