Seguidores e seguidoras

jueves, 10 de abril de 2014

Vai ser que non....

  Finalmente moite me temo que vai ter que aprazarse a excursión a Arribes (Villafáfila era unha boa segunda opción, pero tampouco). Nestes momentos un desprazamento desas características ocasióname non poucos problemas, así que optarei por bichear máis perto de casa. Cousas hai dabondo para controlar:


  Axiña vai comezar o programa Sacre de seguemento de aves reprodutoras, no cal participo, xunto co novo Atlas de aves reprodutoras de España. Ademáis este ano quero retomar un pouco o traballo herpetolóxico, para actualizar o Atlas de hérpetos da SGHN e botarlle unha mao tamén a Martiño co seu ALVAR, se aínda  estou en tempo.

 Por estes motivos, case que vou dedicar os festivos da Semana Santa a saír por Galiza. Hai bastante choio por facer.


    Un bon truco cando se prospectan charcas, é botar un aturuxo, antes de meterse co trueiro na auga. Unhas cantas palabras máxicas recitadas coa debida entoación farán que píntegas, sapos e rás, presos baixo o poder das meigas, fiquen inmóviles, facilitando a súa captura.
  Un vello bruxo que pasaba un día pola Capela ensinoume un encantamento que el empregaba a cotío.


  Logo, unha vez que sacamos o trueiro cheo de bichos, colleu varias rás para preparar non sei qué pócima. Estes vellos sonvos moi raros....


  Pero antes da Semana Santa aínda teremos tempo de facer algunha visitiña a Taraza, a ver como vai a nosa parella máis famosa.

8 comentarios:

  1. Hi, Xabi!
    Thr first photo has no comment, but I suppose it's one of the grasshopper warblers(Locustella naevia) taken by you in Taraza.
    I adore those clever little creatures! I hope they breed successfully in Taraza.

    ResponderEliminar
  2. I fogot to sign - Eileen Walters

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yes, Eileen. It´s a breeding Grasshoper Warbler from Taraza, in 2012, when nest was destroyed by human. Let´s hope they should be luckier this year....

      Eliminar
  3. Nest was destroed by human??????? !!!!
    I would like to destroy that human!!!
    Best wishes, Eileen.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. It seems... dear Eileen. Look at this link: http://bichosedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/04/ultima-hora-destruido-nino-de-lnaevia.html
      A trimmer ("desbrozadora"?) destroyed it while cleaned the gravel way.

      Eliminar
  4. Well they should be more careful!
    Regards, Eileen.

    ResponderEliminar
  5. O vello das duas derradeiras fotos é moito feo. Qué vamos a facele

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se non é tan vello, Josele!. Non din que a "velleza" é algo subxetivo?
      Un abrazo, mestre.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos