Seguidores e seguidoras

sábado, 11 de enero de 2014

Ortigueira. Un censo imposíbel.

  Na teoría hoxe había ser a primeira parte do censo SGHN en Ortigueira.

  Non me canso de repetir a dificultade extrema que ten esta ría á hora de censar. Cada ano, é o maior desafío ao que me enfrento na miña faceta de censador. Se as cousas saen ben, pódese completar o censo en dúas xornadas; cunha condición sine qua non: as especies censadas deben contarse na mesma xornada. Non vale contar hoxe unha parte e o resto a semana que vén!

 Esta mañá tiña pensado facer básicamente anátidas. Pero: "Cando non se pode... non se pode e, ademáis, é imposible" como dicía un amigo.


  A densa néboa que cobría a ría a primeira hora escaralloume completamente o plano previsto. Na enseada de Ladrido (foto superior) a cousa non era moi heavy, pero na ría central (foto inferior) non se vía a dez metros.


  Este problema obrigoume a mudar de maneira radical o itinerario previsto incialmente. Así que decidín comezar pr Ladrido e ir tirando para dentro. En condicións normais xa hai que ir moi rápido para que a marea non te mova os bandos entre as áreas de alimentación e as de repouso. Pero se aínda encima che quitan dúas horas de visibilidade (ata que levantou a néboa) xa vos podedes imaxinar o panorama.

 Eulogio, do grupo Calidris, preguntábame un día se isto de censar  Ortigueira unha soa persoa non era moi estresante. Non o imaxinas Eulogio.... Pero logo cando ves logo os resultados,  venche un subidón que che quita os pesares todos e te compensa enormemente o esforzo realizado.

 Mergullón real (Podiceps auritus)

  Pero hoxe Ortigueira non quería ser censada... Cando comezaba a facer conteos parciais nas paradas típicas, deime conta dun boreo que pa qué. Todos os cazadores de Europa estaban reunidos na ría! (ou pouco menos). Que conste que estou a prol do control do Xabalí, cómo e onde sexa, polos graves danos ecolóxicos que producen nos ecosistemas. Pero non o día do censo, coño!

 E, precisamente, a enseada de Feás estaba saturada de cazadores. Este pequeno esteiro é vital para completar o censo de anátidas, e cando conducía por aló, rodeado por fulanos con chaleco reflectante e escopetas a ambos lados da estrada, acordeime que a SGHN non paga por este traballo e que teño moitas ganas de volver a estar con certa rapaza emigrada en Girona (pensade que a miña cazadora é exactamente color Xabalí). Así que abandonei esa idea por motivos de supervivencia.

Patos brancos (Tadorna tadorna)

 Ún, que é censador patolóxico, decidíu cambiar de novo o "protocolo de censo". Pois vamos a San Claudio as completar nebularia, arquata, e intentar redondear penelope... pensei... (iluso eu).

 Ai, amigos, porque faltaba a guinda.
  A Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) era unha especie descoñecida na ría como invernante ata hai un par de anos. Pero un exemplar decidíu, por sus muertos, que Xabi non censaba a ría hoxe. Se me dixeran que era unha Tartaraña de xoguete teledirixida, creeríao perfectamente. Porque non é normal que alí onde aparecía eu, aparecía ela, para moverme os bandos de anátidas e limícolas entre Senra e San claudio, ou entre Cuíña e Senra, ou entre San Claudio e Mera.

 Chegado este ponto, entendín que unha retirada a tempo é unha vitoria.

 A ver se a vindeira semana non aparece este contubernio de catastróficas coincidencias e se pode censar aquilo. Un censo extrordinariamente esixente de por si. Pero que hoxe, simplemente, era imposíbel.

14 comentarios:

  1. Vaia mala sorte Xabi. Sempre podes quedarte co feito de que saíches a dar un paseo e a disfrutar do aire libre... Que ester encerrado na casa é o peor que hai (e tras dous meses saíndo a xusto e necesario, asegúroche que é unha tortura)
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. E sobre todo para os urbanitas que viven nunha "colmea".
    Unha aperta Inés

    ResponderEliminar
  3. E sobre todo para os urbanitas que vivimos nunha colmea, quería dicir.
    Unha aperta Inés

    ResponderEliminar
  4. Ola Xabi.
    Síntoche o do censo, ogallá teñas mellor sorte a próxima vez.

    En canto o da caza, eu tamén estou de acordo no control do xabalí, pero non a calquer prezo, non con batidas case que medievais donde pode participar todo aquel que se achegue cunha escopeta e unha licencia: xuvilados, inexpertos, miopes e ata algún cunha copiña de máis. Estas batidas para o único que valen é para ampliar a tempada de caza e poder facelo en espacios protexidos.
    Fai un par de semanas fixeron unha batida preto da miña casa. Mataron a dous e marcholles ferido un, nunha zona onde pasa unha ruta de senderismo. Foi bastante pior o remedio ca enfermidade.
    Eu penso que no século XXI existen métodos máis eficaces e seguros que as batidas,pero que a corto prazo non xeneran tantos votos.

    Saudos.
    Javier Río.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, Javi, iso de "como e onde sexa" era unha maneira de falar. Obviamente eu tamén coñezo ao persoal que participa nas batidas (a metade do cadro de persoal de Bazán deben ser escopeteiros). E sei o que hai, home. Sobre todo porque teño a desgraza de ter que aturalos todos os días no posto de traballo, soportando que me digan que se soltamos lobos, águilas, voitres ou diplodocus; e observando como, se os quitas da perdiz, do corzo e do xabalí, non teñen nin idea de Natureza. En liñas xerais, son moi burros do noso señor. Recórdanme a algúns compañeiros ecoloxistas radicais.

      Afortunadamente eu teño a sorte de coñecer xente sensata e moi maja en ambos bandos. Non me corto en criticar aos túzaros que enredan todo coas súas chaladuras, pero hai que saber valorar e apreciar tamén a aqueles que o merecen pola súa conduta respetuosa. Que ao final, a caza ben entendida é unha actividade perfectamente compatíbel coa conservación.

      Unha aperta

      Lembra que houbo cazadores que colgaron a escopeta e se converteron en grandes naturalistas ou fotógrafos!

      Unha aperta

      PD: Os únicos que poden criticar a caza con autoridade son os vexetarianos. Recordo, cando eu o era, que escoitei cómo un irmán os poñía a parir na mesa nunha comida familiar. Eu sinaleille o seu prato, coello. E pregunteille se era mellor comer aquel animal mal alimentado e confinado en condicións horrorosas nunha granxa intensiva ou un coello salvaxe, que vivíu sano e que tivo unha existencia digna. Pensade niso sempre.

      Eliminar
  5. O problema e o que nos ven enriba co do peche dos montes para facer batidas, sera para que non haxa testigos?. Entre eso e o da limitacion a 2 kg de cogomelos xa nos deron a fin de semana..

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mira o lado bon, César. Segundo o Ayurveda, as setas son bastante nocivas para a saúde.
      Unha aperta
      PD: ...pero ben preparadas saben a Dios, engado eu a título particular.

      Eliminar
  6. Xa estamos a confrontar caza con conservación. É que non dades aprendido?
    Os enemigos da Natureza están noutras instancias home.
    Cando sexades de asimilar que a morte forma parte do ciclo natural das cousas, teremos moito andado e empezaremos a ver que conservacionistas e cazadores podemos convivir, cada un cós seus intereses pola Natureza.
    O resto será un bó divertimento para desarrollistas, contaminadores varios e outras herbas malignas.

    ResponderEliminar
  7. Mira, Eloi, paréceme moi ben o teu discurso e sabes que estou dacordo con el. Bueno, discrepo nunha cousa: penso que algúns cazadores TAMÉN sodes conservacionistas. Pero a maioría sabes perfectamente de qué pe coxean. Outra cousa é que o podasou debas recoñecer pola responsabilidade que tés.
    Eu son o primeiro en ser crítico cando o colectivo ecoloxista-naturalista (ao que pertenzo) fai as cousas mal. Ás veces mesmo fun duro demáis, probablemente. Nesas ocasión ti te apuntaches a un bombardeo, por certo. Pero isto non é tan sinxelo. Porque tamén hai que varrer na casa própia, como dí o refrán.

    Dentro do noso colectivo existen moitos colegas que comprendemos a caza, e ata a vemos necesaria en certas ocasións. Porque unha cousa é o concepto da "caza", e outra a mala praxis que se poida facer (que é o que critica Javier Río). Pero xamáis, xamáis, xamáis escoitei palabras boas por boca dun cazador sobre o s ecoloxistas. A inmensa maioría de practicantes da caza non nos poden ver, non por cómo actuamos, senón polo que somos; polo concepto mesmo do que implica o ecoloxismo: restrición e limitacións á explotación dos recursos (algo que comparten cos labregos, curiosamente). É pronunciar a palabra maldita ("ecologista") e ver cómo se torce a cara da xente. Digo eu que aos que tedes responsabilidades vos tocará facer algo de pedagoxía.

    Non permitirei nunca en "Bichos" que se fomente a hostilidade entre ambos colectivos, pero vamos ser todos honestos e autocríticos.

    Despídome cunha anécdota extremadamente desagradable.

    Hai uns anos, quedamos a durmir en Villafáfila eu na compaña de tres amigos biólogos. Resulta que era Outubro e xusto naquela noite tiña lugar unha asemblea da Asociación de cazadores de Tierra de Campos no mesmo hostal onde nos hospedábamos (o Athalanta, en Villalpando). Todas as mesas estaba ocupadas por cazadores menos a nosa. Así que puxémonos a cear, literalmente no medio da asemblea (ao final do comedor).
    E cal foi a nosa sorpresa cando se poñen a falar da necesidade de aplicar "artes ilegalespara combatir al zorro, que les jodía la campaña de conejo" . Chegaorn incluso a nomear a certo avogado galego das Rías Baixas que "ya había llevado el caso de fulano cuando lo cogiera el Seprona con..."
    De entre todos os presentes, sólo ún abreu a boca apar dicir que de lazos nada e que había que cinguirse á legalidade. Quedámonos estupefactos sen saber moi ben que facer..

    En fin, caza si, pero con cazadores coma ti, Eloi.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Outra cousa, Eloi. Eu vou dar unha charla e guiar unha excursión ornitolóxica pola ría de Ribadeo o día 1 de Febreiro (unha liada de Quique). Mira.. estou seguro que se ti viñeras, a xente había escoitarte con atención. E serían moitas as preguntas que a xente che faría sobre ónde demo vive a Becada, de porqué non hai Becacina, de como distinguir a Perdiz do país da outra, de se aquela é zona de Lebre ou de Coello,.. en fin, mil cousas.
      Agora imaxina, por un casual, que eu fose a unha "excursión" de cazadores invitado por ti. Pensas en serio que eu recibiría o mesmo trato cordial e a xente me preguntaría con interese aproveitando o meu coñecimento da fauna local?

      Eliminar
  8. Ola a todos, especialmente a Eloi e a Xabi

    A mi modo de ver, a caza é unha actividade perigosa. Tódolos anos acontece algún accidente. Eu pensó que a caza debería levarse a cabo en zonas apropiadas, nunca, por exemplo, alrededor da miña casa, ou na proximidade de rutas de senderismo, ou donde existan cultivos, etc, etc.
    Eu pensó que a caza debería facerse en cotos privados, porque o monte e de todos, e eu non podo deixar aos meus fillos sair a correr polo monte martes, xoves e festivos durante unhos meses ao ano.

    Eu non falaba da ética da caza, ala cada un, eu quería referirme a como esta actividade pode interferir na vida de un, digamos sen permiso.

    Saudos
    Javier Río

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola de novo, Javi.

      Galiza ten un uso do territorio e unha dispersión poboacional que é a que é. Teño falado con algún colega biólogo sobre os "puristas" que pensan que isto é a taiga de Siberia ou as montañas de Alaska (non vai por ti, ollo) e pretenden que non haxa actividade humana nos nosos espazos protexidos (é a idea de Adega e Verdegaia coa lagoa da Frouxeira). Penso que é isto non é realista. De igual modo, e desde a miña ignorancia na materia, imaxino que é difícil restrinxir a caza a cotos privados, lonxe dos núcleos habitados (falamos da Galiza rural!), cultivosetc..
      Eu fun un pouco anticaza cando era novo. Pero despois de escoitar as aventuras de José Curt cazando gansos en Villafáfila, ou de un encargado que teño no choio (José "O cazador") contándoche detalles do bonita e difícil que é a caza da Arcea, e do deliciosa que está a súa carne, por certo, entendes que podan atopar interese nesta práctica. E acabas sentido certo respeto polos bós cazadores.

      PD: E con isto último voume ganar o odio dos seguidores máis ecoloxistas. Pero xa sabedes que eu non son políticamente correcto..



      Unha aperta.

      Eliminar
  9. Perdoade por retrasar a resposta, pero os findes teño celebración relixiosa, pese a quen pese, e non e cousa de faltarlle ós deuses ...
    Mirade, por un lado son autocrítico. Si é certo que no colectivo hai moito becerro e becerrismo. Isto non vou ser tan inxenuo de negalo. Pero tamén é certo que a educación da xente da familia cazadora, salvo casos puntuais, aumentou nos últimos anos.
    Non poddes pretender que á xente maior se lle instale unha conciencia ambiental que sobre todo nos extirpados do arado e chegados á cidade, onde descubriron a repetidora de cinco tiros, é escasa e mal fundada.
    Pero tampouco podemos, e insisto nisto, meter a todos no mesmo saco. O grao de cumprimento da Lei de caza que temos é alto, e se a lei non é correcta, haberá que cambiala.
    En canto ó dos coutos privados, non sei moi ben de que falades. En Galiza, vos guste ou non, ''o monte é de todos'' non é un concepto aplicable. A case totalidade dos montes teñen dono, sexa unha comunidade de montes, ou sexa un propietario particular. Dito isto, e como os propietarios nos asinaron ós TECOR unha cesión de uso dos dereitos cinexéticos, vos guste ou non, estamos lexitimados para usar (con limitacións) deses predios.
    Pola niña parte estou mais que convencido de usar conxuntamente o monte có resto da cidadadanía. O feito é que non temos problemas aparentes con ciclistas e sendeiristas, e cando pasa un grupo deles, a traverso ada emisora dase aviso deles e a xentes dos posto de caza está previda e non hai mais problema.
    E tamén cando as asociacións ciclistas me avisan de que teñen competición, non cazamos esa mancha nese día e en paz.
    Iso debería ser así. Agora ben, o que queira conflictos que se pelexe con outros, eu non entrarei a ese trapo. Insisto. A lei está do meu lado.

    ResponderEliminar
  10. Non o dubido Eloi. E aquí non hai trapo ningún. Simplemente estamos falando. É unha historia complicada na que hai moitos pontos de vista. Pensa que o que eu (outros colegas) podamos dicir non é unha arroutada de agora, senón que obdece á experiencia de moitos anos pateando o monte. E ás veces, ún cabréase, e con razón, como me pasa co tema dos cans.
    O que teño claro é que persoas coma ti dignifican o exercicio da caza e recomendo aos meus seguidores que lean sempre con atención as túas opinións ao respecto, porque te considero unha voz moi autorizada para opinar sobre éste e outros temas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos