Seguidores e seguidoras

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Ría de Ortigueira, 26 - Decembro. Historias de Lontras.

   Hoxe en Ortigueira o tempo deunos unha tregua e se puido desfrutar dunha mañá con nubes e vento, pero sen chuvia. Isto foi o mellor da xornada:
- 1 Mobella grande (Gavia immer)
- 14 Cullereiros (Platalea leucorodia). Había varios anelados. Cando me dispoñía a sacar unha foto decente e mirar as anelas, apareceu un helicóptero de Salvamento Marítimo e me revolucionou todas as aves da ría. Pero con esta foto, máis outra que lles saquei, Antonio conseguíu descifrar as anelas dún dos exemplares. Trátase dun Cullereiro holandés, anelado no niño en Agosto do 1994, e que ten un historial de citas impresionante, con moitas observacións anteriores no noso país, sobre todo no Grove.


- Os 2 Cisnes grandes (Cyguns cygnus, Ad + xov) e o Cisne mudo (Cygnus olor) xov, que levan semanas na ría. 

Cisnes grandes (Cygnus cygnus) + Cisne mudo (Cygnus olor) xov

- 454+ Cercetas (Anas crecca). Só as contei en Mera (154) e A Lagarea (300). Parece que se mantén o seu número, algo escaso para meu gosto.
- Patos asubiadores (Anas penelope ) e Rabilongos (Anas acuta). Hoxe non tocaba contalos.
- 73 Patos culler (Anas clypeata).
- 2 Mergos cristados (Mergus serrator) femias ou xóvenes.
- 78 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola) na Lagarea coa subida da marea. Hoxe as limícolas de bico curto (Calidris/Pluvialis) fixeron a rota de "subida" por alí.

Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola) concentrándose coa preamar

- 1 Bilurico escuro (Tringa erythropus) na Lagarea
- 59 Biluricos comúns (Tringa totanus) no porto de Ortigueira. Non é un censo completo da especie.


  A subida da marea deixa estampas moi características, como son as limícolas esperando ata que a auga lles chega á barriga para "despegar" e sair definitivamente para os repousadoiros de preamar.

 Biluricos spp (Tringa nebularia/totanus)

  No peirao de Ortigueira apareceu a familia de Lontras (Lutra lutra) que xa protagonizou algún capítulo de "Bichos". Realmente pola zona de Ferrol e Ortegal este mustélido coñécese por Londra (era o nome que lle oín sempre a meu pai), pero eu prefiro acatar as normas que outros elaboraron, a base de moito traballo, co obxectivo de nos poder entender entre todos.


   Alí apareceu a tropa toda: a nai e mais os dous cachorros que semellaban moi activos e saniños. Non paraban quietos e, aínda encima na zona de sombra, non me facilitaron as fotos.


  A nai, cada vez que collía un peixe, xa tiña encima os dous pequerrechos pedíndolle de comer!



   Presenciamos algunha escea moi bonita.

 Diferentes escea de Lontras (Lutra lutra)

  E digo "presenciamos" porque nese momento apareceron uns colegas de Ferrol que non coñecía (pero Paco Girón e Xan Silvar si): Juanjo, Emilio, Xurxo, e outros máis... Eles, con toda a boa intención, fóronse cara o borde do peirao, cos seus trípodes e berrando coa alegría propia de avistar tan fermosa escena.  Non me dei conta de que era demasiado alboroto.....Ao pouco vimos que ún dos cachorros separárase do grupo familiar e non paraba de chiar pola nai.

Lontra (Lutra lutra), cría de varios meses

  Inmediatamente nos retiramos da súa vista e nos fomos cara onde non nos vira a nós nin as nosas sombras.  Eles seguiron mirando as limícolas e desfrutando da ría, mentras eu me acheguei un pouco para tantear a situación. Ao cabo dun rato os berridos remitiron un pouco, e soaban na zona do pantalán deportivo, onde me parece que se xuntou de novo a familia co seu pequeno despistado (e imaxino que moi asustado).

  É moi importante evitar estas situacións. Aínda que na ría a Lontra é un carnívoro moi familiarizado co home e bastante confiado, cando hai crías polo medio debemos extremar as precaucións, para non poñelas en perigo baixo ningún concepto. Mea culpa.

8 comentarios:

  1. -Un buena buena jornada de observación!

    Increíble lo de las Nutrias!!!


    Por cierto, pordías redactar las entradas en castellano para que los que tu blog pueda ser leído por mucha más gente.

    UN Saludo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Miguel:

    Sé que tu petición procede de una intención buena, pues veo que te gusta mi blog, cosa que te agradezco de corazón. Pero lo que me pides, que renuncie a la lengua de mi país y de mis padres, no puede ser, Miguel. Como habrás comprobado, hago de manera alternativa, entradas en varios idiomas (gallego, gallego-portugués, español e inglés). Precisamente porque me interesa que la gente como tú o Cristian puedan leer mi blog sin tener que recurrir a ese traductor tan malo de google. Pero soy gallego y mi blog está básicamente en mi lengua, como lo está el tuyo en la tuya. Es un tema complicado que quizá dentro de unos años podamos debatir.

    No obstante me ha gustado mucho este comentario tuyo, que demuestra que los más jóvenes tenéis interés y sois nuestra esperanza.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Hola Xabi:

    Yo no pretendo que renuncies a la lengua de tus padres, faltaría más. Tú puedes hacer lo que quieras.
    Respeto tu opinión.

    UN Saludo, feliz navidad y a pajarear!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lo sé Miguel, lo sé. Sólo contestaba a tu pregunta.
      Igualmente te deseo lo mejor estas Navidades por tu tierra salmantina. Seguiremos informados en "El Ornitoblog"

      Eliminar
  4. Emilio Vilariño Picos27 de diciembre de 2012, 14:01

    Ola Xabier:
    Son Emilio. Desculpa o noso desembarco onte en Ortigueira. Sei que non fomos moi discretos. De tódolos xeitos, penso que se pode desculpar ese alborodo debido á nosa ilusión e interese por observar algo tan singular.
    Vémonos e felicidades polo blogue.

    ResponderEliminar
  5. Olá Emilio:
    Non hai nada que desculpar. En todo caso a miña falta de atención, dado que eu era a persoa con maior experiencia alí e debín estar máis previsor. Por iso rematei coa frase "Mea culpa", e imaxino que coñeces o seu significado.
    Benvido por aquí, e grazas por seguir "Bichos".

    ResponderEliminar
  6. Si que é certo, ser novo nesta afección fai que se esqueza que para ver aves na Natureza (ou neste caso Lontras) haxa que ser discreto e silencioso, pero seguro que o grupo que fomos aprendimos ben a lección e creo que non se volverá a repetir. Polo demais día grande e felicitarte polo blogue.

    ResponderEliminar
  7. Tranquilo, Xurxo, que (nesta ocasión)tampouco foi máis que un pequeno susto para o cachorriño. Pero góstame empregar estes casos para fomentar as boas prácticas.
    Habemos de vernos noutra ocasión, seguro.
    Grazas por comentar e benvido a Bichos.

    ResponderEliminar