Seguidores e seguidoras

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Canal de A Frouxeira, actualizada

  Ben, pois nun intento por manter informada á xente de "Bichos", onte voltei pola Frouxeira, acompañado desta volta por Eloi Saavedra (Sociedade Caza e Pesca do Xubia) e Nês Lópes (Adega). Da man de Eloi, unha auténtica enciclopedia viviente sobre A Frouxeira, demos un paseo para ver o estado actual da lagoa.

Vista desde a estrada xeral

  Primeiramente paramos na estrada para ver a crecida na canaveira, que aparece asolagada. Os amplos claros da xunqueira están cobertos polas augas desde hai semanas. E, neles, nadan muitas aves acuáticas. Nas zonas periféricas das xunqueiras a parte emerxida dos macrófitos maiores (coma Phragmites australis) é por agora maior ou igual que a parte submerxida. Falta bastante (afortunadamente) para chegar ao nivel do ano pasado.

 Logo achegámonos até a canle.


   Comentaba Eloi o feito de que se estivesen a producir desprendementos da area nos bordes. Un sinal de que a canle estaba "traballando" e que iría agrandándose. De feito xa me pareceu lixeiramente maior que na última visita. 


Desembocadura da canle no mar

 Sigo pensando que a auga que entra (ríos e chuvia, quizá marés,..) é maior que a que sae (canle, evaporación). Vamos tomar de referencia ún dos marcos que indican o límite do dominio marítimo-terrestre, situado na beira sul da canaveira, para ir mirando a evolución do nivel.

 En principio penso que imos ter que esperar un pouco para que baixe, mentras a canle non se abra un pouco máis, algo que semella que está sucedendo pouco a pouco, naturalmente.

 Seguiremos informando.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Ortigueira. Lontras e Pentumeiro americám

   Pois volvim pola Ria de Ortigueira este domingo, na companha do Manu Arzúa (Drosera). Nesta ocassom a visita era umha visita fotográfica, tranquila e sem préssas. Agora tenho a reflex abandoada e prefiro empregar a compacta, sobretodo em espaços tam abertos como as rias, onde as distáncias coas aves som a miúdo enormes.

 No peirao de Ortigueira surpreendérom-nos aginha umha série de berros moi agudos. Umha família de Lontras (Lutra lutra) formada pola nai e mais dous cachorros nadavam cara o pantalao deportivo. 


   Estavam moito agochados, sem a penas sair da protecçom do pantalám e apenas puidemos tirar un par de fotos

 Lontra (Lutra lutra) com umha cria nas costas

 Emquanto miravamos para elas, outros dous exemplares aparescerom correndo sobre o intermareal de Ponta Fornelos.. A distancia era demasiada nesta ocassom..

Lontras correndo polo inter-mareal. Imagem típica da ria

   O melhor de todo foi que ainda puidemos observar outros tres indivíduos nas canles de San Claudio-Mera o outro máis solitário. Probávelmente todos diferentes, se temos em conta a distáncia entre eles. Total: 9 Lontras observadas numha mesma manhá (superando o meu récord anterior de 7 ex)

 Este Gaivotom (Larus marinus) mirava o quê faziamos:

Gaivotom (Larus marinus)

 Nas ribeiras de Sam Cláudio adoita haver enormes bandadas de anátidas, mioritariamente Asubiadores, que formam aqui grupos de entre 500 e 1000 indivíduos. Mas hoje nom tocava censo.

 Patos asubiadores em San Cláudio

Patos asubiadores (Anas penelope)

 Localiçamos também o "famoso" Pentumeiro careto (Melanitta perspicillata), umha raridade procedente do continente americám e que já nos visitou nalgumha ocassom anterior.

 Pentumeiro careto (Melanitta perspicillata), fémia ou jov.

Nas junqueiras de Spartina caminhava silenciosa umha das Garças brancas (Egretta alba) que invernan na ría. Este ardéido converteu-se em umha espécie comum e familiar para os ornitólogos e ornitólogas da zona

 Garça branca (Egretta alba)

  Dous Cisnes bravos (Cygnus cygnus) aparesciam a contra-luz, tamém na ribeira de Sam Cláudio. Um adulto acompanhava um indivíduo juvenil. Semelha que este Outono estamos a ter umha pequena "invassom" de cisnes. De feito andava tamén pola ria o exemplar jovem de Cisne mudo (Cygnus olor) que chegóu cos bravos.

Cisnes bravos (Cygnus cygnus), adulto e jovem

Por último ponho umhas cifras de hoje (nom pensariades de verdade que nom havia contar nada?):

- 1 Mobêlha grande (Gavia immer)
- 3 Mergulhons de pescoço negro (Podiceps nigricollis)
- 4 Culhereiros (Platalea leucorodia)
- 31 Patos culher (Anas clypeata) na ria central. Nom fomos a Mera.
- 18-20 Pentumeiros comuns (Melanitta nigra)
- 1 Mergo cristado (Mergus serrator), fémia ou juvenil
- 23+ Pilros grosos (Calidris canutus)
-15 Maçaricos rabinegros (Limosa limosa)

 Até outra!



Ayuda técnica para continuar Bichos!!

      Resulta que ya he llenado el espacio disponible que "Picasa" me daba de manera gratuíta en mi cuenta de google y ya no puedo subir más fotos! Así que he abierto una nueva cuenta para disponer de otro Gb de fotos.
 Bien, después de pelear toda la tarde, ya dispongo de una cuenta nueva en Google con su correspondiente en Picasa, donde ya he creado también un álbum de fotos nuevo.
 Sólo me queda un paso. Pero no consigo vincular la cuenta nueva con el blog! (soy muy torpe para estas cosas). He descargado la nueva versión de Picasa (Picasa 3.9) a ver si así lo averiguaba...pero nada.
   Cómo hago?  SOCORRO!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Obras na canle da Frouxeira. Actualizada

Hoxe fun dar unha volta para ver o estado actual das obras realizadas pola Xunta no desaugue da lagoa. A diferenza da operación montada en Xaneiro, nesta ocasión o movimento de areas e a magnitude da obra é moito menor, polo que non parece que haxa danos no sistema dunar.  Agradécese que os responsábeis de Medio Ambiente aprendesen algo daquela experiencia tan nefasta e esperpéntica.


  Para que a xente entenda rápidamente o acontecido podríamos dicir que a Administración pasou daquela postura de "a lagoa non se abre" á postura de "a lagoa hai que abrila por aquí de maneira controlada". Máis ou menos ..

   A canle que fixeron agora é un pequeno rego que vai dar a unha posición situada ao leste do illote da Percebelleira, case na Praia pequena. Pola información que teño, o obxectivo da Xunta é restaurar a canle na súa situación orixinal. Ou sexa, a orixinal de verdade, antes das intensas actividades humanas do século pasado. Ou polo menos é o que afirman os técnicos de Medio Ambiente. Eu ahí non podo opinar, pois non teño coñecimentos en xeoloxía e hidroloxía.


  Poño unha foto da barra dunar para mostrar o lugar polo que se abría nas décadas dos oitenta e noventa e polo que rompeu en Xaneiro a lagoa sen mediación humana ningunha.


 Un dos obxectivos de Bichos é informar (para opinar xa temos demasiada xente facendo ruido todos os días) Así que vos poño un mapiña da Frouxeira.


   En azul vai o trazado da canle que vén de realizara Xunta este mes. E en verde a situación aproximada das aperturas que por aquí se consideran máis tradicionais. Vaia por diante que, neste caso (e sen que serva de precedente), vou darlles un voto de confianza aos biólogos da Xunta. Parece que esta operación montouse para evitar os bruscos desniveis existentes entre os máximos e mínimos da lagoa, cos graves efectos prexudiais que conlevan para a fauna e a flora. E tamén para que non haxa que intervir no futuro con procedimientos mecánicos nun espazo protexido. Polo tanto, e se isto é así realmente, comparto estes obxectivos.

   Polo de agora non desauga aínda, pois está deseñada máis ben coma un rebose cando a lagoa acade un certo nivel que alguén entendeu como crítico. E non sei cómo vai funcionar exactamente (quizá ao estilo de Doniños?).
 Sen embargo, teño a sensación que esta nova-vella canle non vai durar moito. O mar traballa moito e non sei eu se non se tapará en breve, cos primeiros temporais. Haberá que seguirmos atentos ao proceso. Ao mellor ata soa a flauta e todo acaba ben.


  Acaba de pasarme Paco Girón unha foto interesante para esta entrada. Trátase dunha foto aérea tomada polo exército dos EEUU no ano 56. Todo un clásico, e ún dos documentos gráficos máis antigos que temos sobre a súa fisonomía. Gostaríame que fose de antes, pero é o que temos.


     Naquela época a explotación humana posiblemente xa tivese provocado alteracións na  lagoa, polas aperturas adiantadas da canle e as construcións para aproveitamento piscícola, tais como "A Pesqueira", ou a canle da marisma (orientadas ambas, creo, á pesca da Anguía).  Pero o sistema dunar estaba aínda pouco alterado pola extracción areeira que comezaba daquela, segundo me comentaba Xan R. Silvar.
    Paco, penso que non é só que as dunas do NW non fosen daquela colonizadas (dunas grises), senón máis ben que eran moito máis grandes, tipo Corrubedo. Polo mapa antigo que tiña e os comentarios dos máis vellos do lugar parece ser que era así. Hai testemuñas que dín mesmo que tapaban a visión do Monte da Vela (aínda que eu son moi precavido con este tipo de declaracións de "antes... non sei qué....", penso que debían ser impresionantes)

  Seguiremos informando.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Ortigueira, 18-Novembro-2012

    O Domigo había unha boa maré, así que fun para Ortigueira a repasar a limicolada. Fixen un censo rápido de unha hora e o resto do día ocupeino en practicar coa Fuji HS10. Unha cámara coa que, penso, fun demasiado duro nas miñas críticas... Agora que mellorei un par de cousas que facía mal, as fotos a media-longa distancia xa teñen outro aspecto bastante mellor. Comezamos polo censo. Isto foi o que contei hoxe:
- 3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
-2-3 Garzas brancas (Egretta alba)
- As habituais Garzas (Egretta cinerea) e Garzotas (Egretta garzetta)

Garza real (Arda cinerea)

- 3 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- Patos rabilongos (Anas acuta) e asubiadores (Anas penelope) amosando xa a súa plumaxe nupcial, porque os primeiros que chegan veñen aínda coa plumaxe de muda.

 Patos rabilongos (Anas acuta) e asubiadores (Anas penelope) nun repousadoiro de preamar

Pato rabilongo (Anas acuta), macho

- 6 Pentumeiros (Melanitta nigra)
- 176++ Gavitas (Haematopus ostralegus). Non puiden contar todo o grupo (por iso poño ++)
- 15 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola). esta limícola é das que chegan máis tarde para invernar. Por agora só atopamos grupiños mínimos.
- 74+ Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 555 Mazaricos reais (Numenius arquata) nos dous repousadoiros principais (Ladrido e Cavalar). Non contei os secundarios (San Claudio, Feás, Mera,..). Hoxe era unha visita relaxada.
- 102+ Mazaricos de bico recto (Limosa spp). Coma mínimo, 16 deles eran Rabinegros (Limosa limosa)
- 57 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 48++ Biluricos claros (Tringa nebularia). Censo moi trapalleiro. Non fagades moito caso.

 Bilurico claro (Tringa nebularia)

A foto anterior igual non vos parece moita cousa, pero...  fixádevos a qué distancia estaba o susodicho!!

  Bilurico claro na ribeira de San Claudio  

     Isto demostra que a miña bridge dá moito mais de si do que un pésimo fotógrafo coma min era capaz de sacar. Neste ponto teño que agradecer a Rafa que grazas ás súas extraordinarias fotografías (para flipar pinchade aqui) un servidor retomou o ánimo para intentar coñecer mellor a compacta e superar as dificultades que viña tendo con ela. E teño que dicir que estou moi contento da mellora. Seguimos:
- 2 Biluricos escuros (Tringa erythropus). Ún deles no Cavalar e outro no muíño da Acea.

Bilurico escuro (Tringa erytrhopus), entre comúns (segundo pola esquerda)

- 7 Carráns cristados (Sterna sandvicensis)
- 4 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocepahlus). Poucas, parece, para estas alturas do ano.
- 18 Gaivotóns (Larus marinus) descansando na praia do Cavalar durante a marea alta.

Gaivotón (Larus marinus)

- Un Picapeixe (Alcedo atthis) na enseada da Lagarea-Cuíña. Levaba un peixe co que estivo a pelexar un bon rato para poder metelo para dentro.

 Picapeixe (Alcedo atthis)

- Tordos reais (Turdus pilaris), rubios (Turdus iliacus) e comúns (Turdus philomelos) nos campos e florestas do redor. 

Tordo común (Turdus philomelos)

   E remato. Hoxe, como é habitual, atopeime co "comité central" do grupo ornitolóxico Calidris (Galería Calidris). Ademáis de pasar un rato divertido con eles, entereime que a Acea restaurada lles foi cedido coma sede do grupo polo concello. Aproveitando que abriron o muíño, entrei con eles:


 Interior da acea

  Comentábame Álvaro que pensaban na idea de montar unha exposición dentro do local. Espazo teñen de sobra.

A xente de Calidris... cara al sol  (con perdón)

   Pódovos asegurar que todos eles son unha xente estupenda coa que, ademáis de aprender un montón de fotografía, te divirtes. Pero teño unha debilidade especial por Álvaro, referencia na fotografía de Natureza por aquí e unha persoa extraordinaria. Sen desmerecer ao resto do grupo, quero rematar a entrada cunha dedicatoria para el. Por ser o que é: un crack (como se dí agora..)

Don Álvaro Fernández Polo. Palabras maiores...

     Espero que vos guste esta entrada!!.



sábado, 17 de noviembre de 2012

Paseriformes en las dunas. Bisbitas raras.

   Volviendo a la temática propia del blog, ayer aproveché la mañana para dar un "voltio" por las dunas de A Frouxeira, ya que estamos en unas fechas muy interesantes para la observación.


  Nada más llegar me encontré a Pablo Gutiérrez, el tío más raro de Ferrol. A esas horas ya llevaba la botella de calimocho vacía (luego vemos lo que vemos...)

Pablo Gutiérrez en la playa de A Frouxeira

 A esas horas aquello estaba bastante tranquilo, sin apenas presencia "perrumana", aunque empezaron a aparecer poco a poco invadiéndolo todo, como siempre.


      Intercaladas entre las amplias extensiones de arena y vegetación rala, aparecen depresiones donde la lluvia forma charcas de diferente tamaño y profundidad. Algunas muy temporales y pobres en vida subacuática.



  Las dos siguientes, en cambio, son más grandes y ya resultan ideales para que el Sapo corredor (Bufo calamita) pueda llevar a cabo la puesta durante los meses de Marzo y Abril.



  Hay otras casi permanentes y con una profusa vegetación palustre, donde la vida acuática es mucho más rica y diversa: Ratas de agua (Arvicola sapidus), Tritones (Triturus marmoratus, Lissotriton helveticus), Ranas (Hyla arborea, Rana perezi, Discoglossus galganoi, Rana temporaria,...), Libélulas (Odonata spp),.. Lo más curioso de todo ello es que la mayoría de estas charcas se han formado gracias a la extracción de arena que destrozó las dunas más altas hace décadas. Cosas que pasan..

 Bueno, pues mientras estaba con Pablo, aparecieronpor allí los primeros Escribanos nivales (Plectrophenax nivalis) de la temporada: un grupillo de 8 ejemplares que aparecieron en las dunas desde la playa. No pude sacar foto (llevaba la cámara "bridge" y los objetos en movimiento no son su punto fuerte)

 Poco después de que se marchara Pablo, lo pasé pipa en las dunas más cercanas a la laguna, donde había una buena concentración de paseriformes. Entre los diversos fringílidos (Verderones y Pardillos, básicamente) me pareció escuchar y ver algo raro, pero que no puedo decir qué era. Fué una pena que no estuviera Pablo en aquel momento. Yo tenía que volver también a casa y no pude pararme demasiado.

 Por supuesto no faltaban los córvidos. En las dunas de Valdoviño es habitual encontrar las tres especies de córvidos negros de Galiza, que forman bandadas bastante grandes.

 Bandada de Cornejas (Corvus corone) y Cuervos (Corvus corax)

Como siempre, las Chovas andaban "de patrulla" por allí..


   Aunque mantienen el grupo, siempre se situan los miembros de la pareja muy cerca uno del otro. Y volví a observar de nuevo el típico comportamiento de acicalamiento mutuo entre (creo) los miembros de la pareja.

Chovas piquirrojas (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

  Entre los bandos de Bisbitas comunes (Anthus pratensis) avisté varios ejemplares distintos. En un primer momento, con el sol casi de frente, los dí por alpinos (A. pinoletta), algo que me extrañó sobremanera pues no los había visto jamás en esta zona de duna abierta. Pero en cuanto tuve alguno a media distancia y con buena luz comprobé que no eran ni comunes ni alpinos.

 De tamaño claramente mayor que las comunes,  mostraban un aspecto patilargo y rabilargo. Al levantar vuelo incluso recordaban a una lavandera boyera algo colicorte. Por el color del manto pardo claro, ceja clara bien marcada y vientre blanco sin manchas pensé en Bisbitas de Richard (Anthus richardi). Pero no acabo de tenerlo claro y he mandado la cita al Noticiario de la SGO como Anthus sp.

 He observado en varias ocasiones a la de Richard (en Ortigueira) y recuerdo que "cantaba" muchísimo más. Tanto por la ceja, como por el tamaño y pose, casi de Zorzal. Pero estas parecían más.... Anthus. no sé explicarlo. De todas formas no tenía buena luz y todas las observaciones fueron muy breves, dado que era casi imposible localizarlas mientras estaban posadas entre la cobertura vegetal. Pero estoy seguro que si estas Bisbitas siguen por allí unos días van a ser identificadas por los especialistas que tenemos en Ferrol. Así saldré de dudas. Por ahora... Anthus sp.

 Un saludo.


jueves, 15 de noviembre de 2012

Censadores e manipuladores

     Hoxe foi unha xornada ben curiosa no traballo. Xente que na súa vida contou máis cousas que os pares de zapatos que teñen no armario pretendían discutirme a min o número de manifestantes que había na manifestación de Ferrol... Claro, hai que entender que a mentira é outra droga máis. E engancha... E moito, polo visto!

  Son tantos anos absorvendo a desinformación que se nos dá masticada e semidixerida que a maioría das persoas son incapaces xa de asimilar a verdade. Hoxe este paradoxo surrealista mostrouse con toda a crueza diante de min, cando pouco menos que me acusaron de louco,  preguntándose como podría ter contado tan pouca xente... "porque nunca na vida se veu tal cousa".  Menos mal que o Santo oficio deixou de ser santo hai séculos, porque vaia miradas que recibín por parte dos compañeiros de traballo.



  Lembro, hai un tempo, cando se me acusou precisamente do contrario. De "inflar as cifras" nos censos (en Ortigueira, concretamente). Unha acusación que derivou nunha amarga polémica con outro colega de profisión. Agora curiosamente acúsaseme do contrario (quizá todo isto sexa un sinal de que estou a ser realmente obxectivo!!)

 Recoméndovos que leades este enlace. Agora unha manifa de menos de 100.000 persoas é un pequeno tumulto. Pero...¿sabedes o que son 100.000 persoas? 100.000 "algo"???


a estrana calculadora das manifestacións

 Pois nada, nada, a seguir drogándose, qué carallo.
  Non merecedes outra cousa....

PD: obviamente os meus lectores e lectoras entende perfectamente a última frase e saben por quen vai.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Malditos seáis! Animales!!

  Los de siempre han dado la nota otra vez. Esta vez la víctima de su violencia ha sido.... UN NIÑO DE TRECE AÑOS!!! Sin duda un peligroso terrorista...


 Y, como siempre también, los criminales no llevaban visible la obligatoria placa de identificación (Mossos, en esta ocasión).

 Más información aquí: El País

 Luego algunos se preguntan por qué se son tal mas vistos los antidisturbios...
 Pues no sé, oye...

Censando humanos

     Acabo de chegar da manifestación de Ferrol, aínda que non puiden acceder á Praza de Armas porque quedei rezagado ata a cola, censando as persoas que participaban nela.
     É fundamento deste blogue a transmisión da realidade no tempo máis axiña posíbel.  Así que xa informo que foi unha manifestación impresionante, das máis grandes que lembro (e os ferroláns sabemos algo disto). Masiva, enorme, multitudinaria, o cualificativo que se queira poñer non faltará á verdade. Pero....éramos 12.100 persoas. Nin máis nin menos.

Saída da "mani", desde O Inferniño

 Digo isto porque debeu tratarse da primeira mani galega que dispuxo dun censador "profisional" para calcular a súa participación. Situeime nun lugar estratéxico onde o paso se estreitaba, e comecei o reconto, empregando o contador que uso habitualmente para as aves en Ortigueira. Resultado: 12.120.

Na Praza de Armas (foto: La Voz de Galicia)

  Agora virá o habitual baile de cifras. Normalmente esaxerando moito a cousa. Probablemente haberá quen mesmo lle poña un cero de máis, outros llo quitarán. Isto funcionou sempre así, desde que os medios opinan en vez de informar. Pero é responsabilidade de "Bichos" compartir con aquelas persoas interesadas datos fiábeis sobre a participación real nesta manifestación, que é das maiores que tiveron lugar en Ferrol nos últimos tempos. Dou fé.

 Un saúdo e paro aquí (que teño a vista cansada.....)

ÚLTIMA HORA: veño de ler na prensa a asombrosa cifra de participación que dan os sindicatos: 100.000 persoas. Cómo se pasan... 

martes, 13 de noviembre de 2012

14-N, folga xeral

  Pois mañá temos outra folga xeral. Non están dentro dos contidos programados neste blogue nin a política nin a economía, pero hai momentos especiais en que cómpre facer pequenas excepcións. E non por gosto.

    Eu mudei moito a miña maneira de pensar nos últimos anos e, certamente, non teño a mesma identificación co movimento obreiro do que tiña hai quince ou vinte anos. Pero é un feito que sigo pertencendo a iso que Marx, Trotsky ou Bakunin denominaron coma "clase obreira". E que na tradición das Escrituras hindús chamábase miles de anos antes co termo máis amplo de "sudra". Hai importantes diferenzas entre ambos conceptos (e sobre todo na filosofía que hai detrás) pero, neste caso que nos ocupa, vén a ser o mesmo.

   Así que, coma parte integrante desta casta obreira, estou na obriga de apoiar públicamente todas e cada unha das reivindicacións que están detrás desta convocatoria de folga en toda a Península iberica, frente aos intereses crueis dos especuladores e do capital financeiro. En defensa do público e das conquistas sociais logradas durante décadas.
  Só espero que a xornada descurra dentro da normalidade, dentro do que se pode esperar nunhas circunstancias tan difíceis como estamos a pasar. E que non teñamos que lamentar moitos episodios de violencia, tanto por parte de "uns" coma de "outros". Especialmente por parte de "outros":

Carga policial contra un compañeiro de Navantia-San Fernando

 ADIANTE COA FOLGA XERAL!!

domingo, 11 de noviembre de 2012

Ortigueira, 11 de Novembro

   Onte viña o Manu por casa e me prestaba a súa Nikon P510 (unha compacta con ultra-zoom de 42x!!). A miña idea era botar o domingo na ría de Ortigueira para comprobar as súas prestacións nas distancias longas ou moi longas, como son habitualmente na ría. Desgrazadamente, a batería fixo "plof" cando levaba apenas vinte fotos (menos mal que... "estaba cargada", ejem). Apenas me deu tempo a aprender os controis da cámara e pouco máis...

  A Enseada de Mera é un lugar ben esixente para esta proba que tiña pensado. Á grande distancia que hai desde o mirador até a canle central súmase habitualmente unha luz malísima a primeira hora, case de frente, especialmente nun día coma hoxe (case cuberto, con vento, frío e con chaparróns intermitentes). Vamos, o típico sitio onde as fotos soen ser manchas claras ou manchas oscuras... E nese momento aparecía en escea unha Lontra (marcada en azul, para que vexades a distancia).

Enseada de Mera.

  A continuación poño unha foto tal cual, sen recurte ningún. Aprécianse moi ben varios obxectos da fotografía (a Lontra e unha Garza)


 Nestoutra (un chisquiño recurtada), xa aparecen outros "protagonistas" da película:  dous Gaivotóns (Larus marinus) que non perdían ollo do que facía o mustélido. Estaba a ponto de caer un chaparrón e, entón, púxose todo negro.


  Ampliando un pouco xa se distingue mellor a Lontra, que daba boa conta dun peixe recén capturado.




   Ben, isto non é nin moito menos unha exposición fotográfica. Simplemente quería ser unha proba das posibilidades das cámaras compactas avanzadas ("Bridge") coma substitutas do diggiscoping.  Xa comentei que únicamente me deu tempo a unhas poucas fotos. E foi, ademáis, a primeira hora da mañá, cando a luz era aínda moi escasa. Pero esta primeira toma de contacto deixoume unhas sensacións extraordinarias. Este lugar de Mera é un dos sitios onde me resultou sempre extraordinariamente difícil enfocar calquera cousa. Tanto coa bridge como coa reflex!. E, tendo en conta as adversas circunstancias da proba, e que eu apenas coñecía a cámara, lograr que os obxectos saian medianamente definidos paréceme un éxito rotundo.

    Sigo pensando que estas compactas de ultrazoom van substituir a moi curto prazo o equipo habitual de telescopio + compacta, porque ofrecen prácticamente o mesmo, pero cun peso e volume infinitamente menor.  Especialmente para aqueles que buscan a lectura de anelas ou simplemente rexistrar rarezas. Para fotos de calidade a pouca distancia non vou renunciar xamáis á cámara reflex co meu Tamron de 300; pero para longa distancia e como máquina versatil para todo uso, teño clarísimo cal vai ser a miña próxima inversión (xa vos falei dela aqui...)

 E como vexo que vos aburrides, poño unhas cifras que puiden contar hoxe na ría, entre tanta proba e tanto chaparrón:

- 9 Mergullón spequenos (Tachybaptus ruficollis)
- 3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
- 2 Garzas brancas (Egretta alba)
- 7 Cullereiros (Platalea leucorodia). Unha con anela amarela, por se interesa.
- 108 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) nun só bando no intermareal de Ortigueira norte.
- 718 Asubións (Anas penelope). Unha boa cifra (e conservadora, volo aseguro) a estas alturas do ano.
- 14 Frisados (Anas strepera)
- 108 Patos rabilongos (Anaas acuta)
- 212+ Cercetas (Anas crecca)
- 17 Pentumeiros (Melanitta nigra) na ría central
- Varios Tordos rubios (Turdus iliacus) e, posibelmente, reais (Turdus pilaris) en San Claudio.

 Vémonos!