Seguidores e seguidoras

sábado, 15 de septiembre de 2012

Ría de Ortigueira, 15 de Setembro

 Esta mañá achegueime até a ría de Ortigueira para ver cómo andaba o paso migratorio, aínda que un pouco pesimista dada a situación peristente de nordés que temos desde hai semanas. E, efectivamente, o paso estáse facendo esperar este ano, algo que percibín axiña. Coas limícolas ocurre o mesmo que coas mariñas na costa, se hai un "pico" de paso forte, entéraste nada máis baixar do coche e pegar unha visual rápida.

 Como non había moitas novidades e, ademáis, a ría estaba en baixamar, preferín tomarme a visita de relax e practicar fotografía. O máis destacado que vin este sábado foi:

- 32 Cercetas comúns (Anas crecca). Xa vira algún exemplar o mes pasado, pero hoxe foi a primeira identificación clara. Por agora os machos seguen coa plumaxe de eclipse.

Cerceta real (Anas crecca), plumaxe de muda

- Bastantes Gabitas (Haematopus ostralegus). Seguramente aumentaron un pouco respecto da última vez, hai quince días.

Gabita (Haematopus ostralegus)

- 16+ Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 9+ Pilros grosos (Calidris canutus)
- 33 Pilros tridáctilos (Calidris alba) na praia de Cariño.
- 45+ Pilros comúns (Calidris alpina) na Lagarea observados con baixamar. O seu número lóxicamente sería bastante maior, pero non esperei á subida da marea.
- 3 Pilros ferruxentos (Calidris ferruginea) na Lagarea.
- Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Non os contei, pero notábase que houbo entrada recente.
- 6 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa). Qué elegancia de bichos....

Mazarico rabinegro (Limosa limosa)

- Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus). Semella que os adultos remataron a muda e mostran xa a fermosa plumaxe, totalmente branca, con todo o seu esplendor.


  Estas gaivotas resultan sempre fotoxénicas e doadas de afotar desde o porto de Ortigueira, mesmo para min.

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus)

- Unhas 20 Andoriñas de cú branco (Delichon urbicum) na vila de Cariño, non sei se exemplares en paso ou residentes. Se non lembro mal, criaban naqueles bloques de vivendas (escoitárallo a Miguel Alonso ou a Ricardo Hevia, penso)
- Unha concentración de 50 Lavandeiras brancas (Motacilla alba) na praia de Cariño. Entre elas había tamén 3 Lavandeiras marelas (Motacilla flava).
- 5 Pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe). 1 na praia de Cariño e 4 nas pradarías de San Claudio.

 En fin, como vedes a cousa está aínda moi tranquila por aquí. Pero só fai falta que vire o vento a compoñente SW durante un par de días, ou que entre algo de frío nos países do occidente europeu, e xa veredes como cambia isto....


2 comentarios:

  1. Ola Xabi!

    Fermosas fotos, parabéns.

    A gavita nom é um juvenil, poderia ser um 2º ano-calendário ou quiçá já um adulto. O juvenil tem o íris escuro, a metade distal do bico tamén escura e o dorso de cor lixeramente castanha.

    O colar branco também o tenhem os adultos em inverno.

    Apertas!
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Certo, certo! Aínda tenho a "cabesinha" na Diada. Gracinhas. Xa o corrixo agora.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos