Seguidores e seguidoras

jueves, 17 de mayo de 2012

Mellora o paso na Frouxeira

Neste día tan sinalado (día das Letras), achegueime con Pepe á Frouxeira, para facer números. Alí andaba o bueno de Antonio Gutiérrez abrigado do forte vento dentro do Twingo (ese veículo debera ser considerado coma parte intrínseca do LIC). Mentras el intentaba identificar anelas eu fixen o propio nestas datas. Ou sexa, contar limícolas.



  Hai que dicir que houbo un pequeno incremento na sedimentación. Por agora con cifras moi modestas, neste ano tan raro. Mínimas na maioría das especies, pero algo máis interesantes en Calidiris alba e Calidris alpina. Isto foi o que censei:

- 19 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 5 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 196 Pilros tridáctilos (Calidris alba). Non miramos a praia, onde con certeza habería máis exemplares. Digamos que é unha cifra "correcta", correspondente xa ao pico migratorio dun ano normal-frouxo.
- 470 Pilros comúns (Calidris alpina). Aínda que animaban un pouco o cotarro, segue a ser un número moi pequeno comparado co que habitualmente sedimenta (arredor dos 1000-2000 individuos). Nesta época amosan a plumaxe nupcial, ao igual co resto das limícolas



 - 3 Biluricos comúns (Tringa totanus). Nesta especie, e no resto de limis, as cifras son testemuñais por agora.. Pero quedan moitos minutos aínda antes de acabar o partido.
 - 5 Biluricos claros (Tringa totanus)
- 9 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- Uns 20 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus) polas dunas de Punta Frouxeira


- 3 Virapedras (Arenaria interpres) na praia dos Botes



 Seguiremos sinformando

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos