Seguidores e seguidoras

sábado, 21 de abril de 2012

Novidades no blogue

Por fin!, logo de meses pelexando, conseguín instalar unha aplicación para traducir este blogue.  Pois son moitas as visitas que recibín doutras rexións do Estado, e mesmo doutros estados europeus (varios centos de Alemaña, Rusia ou Francia). Así pois, creo que é o correcto facilitar a lectura a estas persoas.

 O malo é que o tradutor de Google é o que é, xa o sabemos como van estes programas automáticos... Unha ferramenta moi básica que, en ocasións, complica máis do que aclara. Pero foi o único que puiden atopar.
 Tentarei escribir xa que logo da maneira máis correcta, desde o punto de vista gramatical e semántico, para facilitar o traballo da tradución automática, aínda que sei que moitas frases van ser cambiadas. Fixen probas co inglés e o español, e xa vin os enormes erros que se han dar para estes idiomas. Pero no caso do portugués, sen embargo, a tradución era case perfecta, por motivos obvios (proximidade idiomática). Non sei noutras linguas como será a cousa....

 Polo de agora seguramente continuarei a facer entradas en galego, intercalando algunhas en español.

 Déixovos cunhas fotos de onte, pertencentes ao concello de Valdoviño. Son de varias parcelas de prado onde a nidificación da Folosa manchada (Locustella naevia) é bastante probábel.



 Como se aprecia, estas fincas están hoxe case abandoadas, e cubertas por umbelíferas e silvas (que parecen ser as ubicacións predilectas para as Folosas). Aínda que hai algun prado onde se mantén a actividade da sega.


 Folosas non vin, pero si unha parella de Chascos comúns (Saxicola torquata), omnipresentes en calquera espazo aberto galego.

   Ésta é a femia:


     ..e éste é o macho:


  Vémonos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos